A medallista olímpica Sofía Toro participará nun coloquio en Lalín

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Jorge Zapata

18 novs 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Lalín organiza o vindeiro xoves 23 de novembro ás 20.00 horas unha mesa redonda sobre muller e deporte na que participarán deportistas locais e de ámbito autonómico. Enmarcada no programa Lalín por Igual, forma parte das actividades relativas ao 25N, Día internacional contra a violencia de xénero.

Moderada pola xornalista Claudia López, compartirán as súas experiencias a medallista olímpica nos Xogos de Londres 2012 Sofía Toro , a loitadora do Keltoi de Vila de Cruces Noelia Lalín, a xogadora do Atlético Guardés Cecilia Cacheda, a árbitra de rugbi Marta Varela e a bailarina e coreógrafa de Máisquedanza Rosa Núñez.