Victoria da dezana Tamara García nos 110 quilómetros do Ecocamiño

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

cedida

25 oct 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

A deportista do Galaico Trail Run de Lalín, Tamara García, conseguiu o primeiro posto na categoría feminina no Ecocamiño, unha proba de 110 quilómetros de percorrido con comezo en Sarria e final en Santiago. A atleta dezana finalizou na décimo segunda posición da clasificación xeral percorrendo ese máis dun centenar de quilómetros en 12 horas 41 minutos e 35 segundos.

Por outra banda, o corredor de Vila de Cruces Emilio Montilla rematou cuarto na xeral parando o crono en 10 horas 54' e 25''.