Camilo Conde presentou en Lalín a executiva do CCD, co que concorrerá ás municipais

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

miguel souto

30 oct 2022 . Actualizado á 05:00 h.

Camilo Conde López celebrou onte no hotel Palacio de Lalín un acto de presentación da executiva da Coalición Centro Democrático, partido co que concorre ás próximas eleccións municipais. O veterano político lalinense, que preside a executiva que integran ademais Manuel Gómez Fernández,. Javier González González e Arturo Álvarez Ramos, explicou onte as liñas que, dixo, pretenden seguir no ámbito da política. É o primeiro acto desta formación co que inician, sinalou Conde, o traballo para os próximos comicios.

Conde, que encabezará a lista coa que se presentará a Coalición Centro Democrático, apuntou que esta formación pareceulle propicia explicando que «dende que se constituiu , que é histórico porque foi Adolfo Suárez o que o iniciou, e dende entonces ata hoxe non hai ningunha mancha que eu sepa no partido e xa é difícil atopar unha formación así».

Entende que eses tempos necesitan alternativas e «outras formas de tratar as cousas» e asegura que ««queremos innovar e reformar cousas».