Preto de mil cen presentas participan nas excursións do programa En Ruta coa Depo

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

LALÍN

Veciños de once concellos coñecen esta semana os recursos turísticos da provincia

27 jun 2019 . Actualizado ás 14:50 h.

O programa En Ruta coa Depo 2019 organiza esta semana 17 excursións nas que participan preto de 1.100 persoas de once concellos da provincia. En concreto trátase de Pontevedra, Lalín, Caldas, Fornelos, Vigo, Vilagarcía, Ponteareas, Nigrán, A Estrada, Salceda de Caselas e Silleda. Nestas excursións participan grupos e colectivos de toda a provincia. O programa deste ano oferta vinte mil prazas e 32 rutas para gozar dun día de convivencia, coa comida e o transporte incluídos.