Un ferido leve nun accidente nas Queimadas

La Voz

LALÍN

En Prado, unha furgoneta saíuse da vía causando danos a tres turismos estacionados

06 jun 2019 . Actualizado ás 17:07 h.

Unha persoa resultou ferida leve nunha colisión entre dous turismos que tivo lugar ás 14.00 horas de hoxe nunha pista situada detrás de Maxideza, nas Queimadas, xunto á Nacional 525. Ata alí se desprazou Urxencias Médicas para atender á persoa ferida e  posteriormente efectivos de Emerxencias de Lalín para levar a cabo a limpeza nesta pista. Non foi o único accidente da xornada. Ao redor das 11.00 horas, unha furgoneta saíuse da vía e causou danos a tres turismos que se atopaban aparcados. Na furgoneta viaxaban dous homes de Lugo que resultaron ilesos. Só houbo que lamentar danos, de consideración no caso dalgún dos turismos.