Homenaxe veciñal a Francisco Lodeiro

La Voz

LALÍN

Cedida

Máis de douscentos veciños das parroquias de Botos, Vilanova, Doade e A Xesta sumáronse aos actos tras a súa xubilación e despois de 35 anos de sacerdocio

17 mares 2019 . Actualizado ás 18:55 h.

Durante 35 anos Francisco Lodeiro exerceu o sacerdocio en varias parroquias de Lalín. Agora, xa xubilado, os seus fregueses e numerosos veciños quixeron tributarlle onte unha sentida homenaxe. Comezou cunha misa oficiada na igrexa de Botos e que presidiu o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, xunto a Francisco Lodeiro. Despois houbo comida de confraternidade con máis de duascentas persoas das parroquias de Botos, Vilanova, Doade e A Xesta e un baile amenizado por un dúo musical e unha orquestra. Non faltou a entrega dunha placa de recordo que emocionou ao párroco.