O PP di que chegará «ata as últimas consecuencias» no asunto do seguro

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Tacha de «peregrinas» as explicacións do goberno que «non aclaran» se o edil de Comercio segue sendo axente exclusivo

17 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O portavoz do PP, de Lalín, Javier Blanco , cualifica de «peregrinas» e de «totalmente inconsistentes e un insulto á intelixencia dos lalinenses», as desculpas do goberno lalinense e cre «sanguentos» os «indicios de irregularidades» en relación coa póliza de responsabilidade civil e patrimonial contratada polo Concello por Mapfre e na que figuraba o actual edil de Comercio, José Manuel Fernández, como axente exclusivo.

Sinalan que o cuadripartito «nin sequera é capaz de negar os feitos nin tampouco aclara se Fernández segue a ser axente exclusivo desa póliza» acusando o goberno local de «tratar de desviar a atención e quitarlle ferro a un asunto de suma gravidade». Consideran que «se realmente non teñen nada que agochar neste asunto, Rafael Cuíña debería ser o primeiro en dar á cara pola forma de proceder do seu concelleiro e non escudarse no conxunto do goberno para ofrecer unhas explicacións que deixan moitas incógnitas abertas».

Os populares apuntan a súa vontade de «chegar ata as últimas consecuencias para aclarar todo o proceso» e «destapar o verdadeiro caciquismo e a política clientelar dos que xudicializaron a política local e van dando leccións de ética»,

Blanco indica, en relación cos argumentos esgrimidos polo goberno que, «unha cousa é cercenar por cuestións ideolóxicas a capacidade de calquera cidadán para desenvolver o seu labor profesional en igualdade de condicións e outra radicalmente distinta é valerse supostamente da pertenza ao partido do alcalde e da relación de cercanía con este para conseguir un presunto trato de favor e obter beneficio persoal». Unha situación, que engade «a que se lle daría continuidade incluso despois de entrar a formar parte da corporación municipal». El PP considera que el concelleira de Comercio se segue como axente «seguiría a obter beneficio personal dunha forma cando menos irregular».