Proxección de Dzine no Salón Teatro de Lalín

La Voz

LALÍN

Hoxe, ás 20.30 no Salón teatro

05 feb 2016 . Actualizado á 05:00 h.

Hoxe ? Ás 20.30 horas ? Salón Teatro de Lalín ? Entradas a 4 euros, 3,5 para socios de Dzine ? O colectivo Dzine programou para hoxe unha nova proxección no Salón Teatro de Lalín. Trátase da comedia portuguesa Capitão Falcão. Por primeira vez proxectarase fóra de Portugal e promete causar o riso do público, cun superheroe e o seu compañeiro combatendo diferentes perigos.