Forcarei proxecta melloras na rúa Francisco Filgueira por 200.000 euros

La Voz A Estrada / LA VOZ

FORCAREI

23 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Forcarei ten previsto afrontar a primeira fase de melloras nas rúas do núcleo de Forcarei cunha actuación que beneficiará á rúa Francisco Filgueira, no tramo comprendido entre o número 12 e a discoteca Paraíso. O Concello dispón dun proxecto para os traballos, valorados en 212.108 euros, e tramita o financiamento dos mesmos a través do Plan +Provincia da Deputación.

O tramo ten o firme desgastado e beirarrúas de baldosas de formigón moi deterioradas polo paso do tempo e a execución de diferentes infraestruturas urbanas ao longo dos anos. A iluminación —con luminarias murais ancoradas ás fachadas dos edificios— tamén é mellorable.

O proxecto contempla unha nova pavimentación das beirarrúas con formigón impreso, unha nova capa de rodaxe na calzada para elevala ao nivel das beirarrúas e conseguir unha plataforma única, bolardos na marxe sen beirarrúa e iluminación led.