Belén Cachafeiro rebate as contas municipais do 2022: «A xente non entende que Forcarei teña cartos pero non pague o que debe»

La Voz A Estrada / LA VOZ

FORCAREI

23 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A portavoz do PP de Forcarei, Belén Cachafeiro, rebateu onte as contas municipais do 2022. O goberno presumía de Concello saneado, pero Cachafeiro lembrou que «se se pagasen no 2022 case un millón de euros en débedas que non se aboaron ata mediados do 2023 xa non serían tan magníficos os datos». A portavoz popular lembrou que no 2022 tampouco se pagaron as subvencións a asociacións nin as axudas do covid a comerciantes, gastaron 20.000 euros menos do SAF ao non concederse horas que se necesitaban e que non se paga desde o 2019 a parte do IAE que lle corresponde a Cerdedo e A Lama polos parques eólicos compartidos, que rolda os 100.000 euros.

«A xente non entende como é posible que a alcaldesa estea a falar de economía saneada e o Concello non estea pagando o que debe», subliña Belén Cachafeiro.