Máis de setenta pilotos participan no Máster de Galicia en Forcarei

La Voz A Estrada / LA VOZ

FORCAREI

27 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta fin de semana celébrase no circuíto forcaricense da Madalena a cuarta edición do Máster de Galicia. Unha cita que colocará ao municipio de Terra de Montes como epicentro do automobilismo galego. Forcarei Motorsport fixo pública a lista de inscritos, que unha vez máis supera as expectativas e congrega a máis de setenta pilotos, concretamente 73.

Entre eles hai grandes corredores como Víctor Senra, Alberto Otero, Alberto Meira, Luis Vilariño, Manuel Senra, Oriol Gómez ou José Luis García. As primeiras mangas de adestramento comezarán ás 10.00 horas.