Un empresario de Forcarei denuncia publicacións contra a súa firma

La Voz A Estrada / LA VOZ

FORCAREI

29 sep 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Un empresario de Forcarei denunciou na Garda Civil a publicación en redes sociais de informacións contra a súa empresa e a súa persoa, presuntamente desde un perfil falso. O denunciante explica que o 20 de setembro recibiu varias capturas de pantalla dunha publicación realizada na rede social Facebook na que aparecía unha foto súa dándolle por titular dunha empresa de Rodeiro e acompañada dun texto no que se lle acusaba de non dar de alta aos seus traballadores na Seguridade Social e de non facilitarlles o material de traballo necesario. O aludido asegurou que estas informacións son falsas, que a sede da súa empresa non se atopa en Rodeiro e que só traballa con autónomos. Di ademais que o perfil é falso e que sospeita quen pode estar detrás.