O goberno de Cerdedo felicita ironicamente a Lina Garrido polo seu novo posto

La Voz

CERDEDO

27 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O goberno local de Cerdedo-Cotobade felicita ironicamente á portavoz do grupo municipal do PSOE, Lina Garrido, polo seu novo posto de asesora de Deportes da Deputación de Pontevedra, «cun soldo anual bruto de 34.939 euros distribuído en catorce pagas de 2.495 euros». «Supoñemos que é un recoñecemento aos seus resultados electorais e amplo coñecemento de deportes», ironiza o alcalde, Jorge Cubela. O executivo di que non entende por que non se publicitou máis «unha fichaxe tan importante para a área de Deportes». Móstrase ademais convencido de que «desde este posto seguro que axuda a desatascar as melloras viarias en Almofrei e Quireza».