O PP esixe a recuperación de Internet na Escola de Música de Agolada

La Voz LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

07 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP de Agolada anunciou que presentará unha moción para o seu debate no próximo pleno esixindo ao goberno local que se restableza a liña de Internet na Escola de Música e que o alcalde, Luis Calvo, dea explicacións sobre o sucedido. Os populares aseguran que a causa foi a retirada por parte da empresa responsable do servizo do rúter que permitía na escola a conexión á rede «despois de levar máis dun ano sen cobrar».

Falta de pagamento

Os populares destacan a necesidade de Internet na escola imprescindible, din, por exemplo para a realización de «moitos trámites como a petición de subvencións a distintas Administracións». Cualifican desta «unha vergoña» situación «de falta de pagamento por parte do Concello de Agolada » e o feito de que , apuntan, «teñamos que chegar a estas situacións» argumentando que «por desgraza xa non nos pillan por sorpresa xa que sabemos ben a nefasta xestión económica que está levando o alcalde».