Homenaxe tripla da Confraría da Santa Cruz este mediodía na Estrada

La Voz

A ESTRADA

14 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Confraría da Santa Cruz, no marco dos actos conmemorativos da Exaltación da Santa Cruz, brindará hoxe un recoñecemento honorífico á Policía Local da Estrada e a dúas empresas estradenses: Florería San Pelayo e Aluminios Campos. A Confraría quere agradecerlles así a súa colaboración e apoio constante. A entrega de distincións farase hoxe ás 12.30 horas na igrexa parroquial de San Paio.