Mondra encabeza o cartel do festival Folk de Raíz, hoxe en Callobre

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

12 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

En Callobre (A Estrada) vivirase hoxe unha nova edición e xa van vinte e catro do festival Folk de Raíz que organiza a asociación Regachos. O cartel nesta ocasión está encabezado por Mondra. Antes das actuacións musicais, a partir das 20.00 horas, poderase gozar cos xogos tradicionais a cargo de Sororas, mentres que de 21.15 a 22.15 haberá un taller de baile impartido por Xandre Outeiro.

As actuacións musicais arrincarán ás 22.15 horas a pé de pista con Cé Orquestra Pantasma. Ás 23.00 horas subirase ao escenario o grupo anfitrión, Regachos, para a medianoite ceder o protagonismo de novo a Cé Orquestra Pantasma.

Ás 00.30 horas fixouse a actuación de Mondra, que presentará en Callobre o seu segundo traballo discográfico, De Rolda, un álbum moi persoal á vez que irreverente. Cé Orquestra Pantamas ás 01.50 e Son dás Tabernas ás 02.05 porán o colofón ao festival. Ademais de música haberá presenza de artesáns e polbeira.