Arauia Ao Bachere logra o título galego sub-20 en 400 metros libres e queda segundo en valos
A ESTRADA

A deportista do Atletismo A Estrada, Arauia Ao Bachere, conquistou a pasada fin de semana o título de campioa galega sub-20 ao aire libre na proba de 400 metros lisos. Partía como favorita para o título e cumpriu as expectativas, dominando desde o inicio da carreira, para acabar con 59.33, a súa mellor marca da tempada.
Ao Bachere tamén correu os 400 metros valas, proba que estivera preparando na Estrada as últimas semanas e para a que había máis dúbidas sobre o resultado final. Rematou como subcampioa galega nesa proba, cun tempo de 1:06.35, a só 35 décimas de segundo da mínimo nacional, aínda que no club agardan que resulte suficiente para participar.
Do resto de competidores estradenses, Lea Vázquez quedou quinta en 100 metros valas, mesmo posto que Inés García en 800 metros. Tamén participou Celia Portela en 100 metros lisos.