
01 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.
A falta de espazo suficiente provocou que un tráiler que circulaba polo centro urbano da Estrada tombase ao virar un bolardo situado no cruzamento da rúa Gradín coa rúa San Paio. Os axentes da Policía Local realizaron o pertinente informe, a zona foi sinalizada e xa se tramitou a súa reposición neste espazo.