Queixas de pais pola falta de bonificacións para o campus deportivo de verán da Estrada

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

01 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Pais da Estrada mostraban onte as súas queixas pola decisión do Concello de retirar este ano polo menos unha das bonificacións existentes na taxa pola participación no campus deportivo de verán. En concreto aluden a que o segundo fillo contaba ata o 2024 cunha bonificación do prezo do 20%, pero ao ir abonar a cota ao banco, nesta ocasión atopáronse con que xa non existía e así se lles confirmaba de fontes municipais tras consultar as bases.

Nesta 16.ª edición do campus o custo por quincena e asistente é de 40 euros, sen que que haxa esa bonificación para o segundo neno do 20%, é dicir, que este pagase 32. Só hai redución da cota para as familias numerosas, dese mesmo 20% por cada un e sen que a partir do terceiro sexan gratis. Tamén se aplica ese desconto nas familias monoparentais.

Afectados incidían en que aquelas familias que teñan que recorrer ao campus deportivo para conciliar e teñan dous fillos durante dúas quincenas, deberán abonar 160 euros que ningúns pode resultarlles difícil. Se se mantivese o desconto serían só 144.