A Estrada, entre as sedes do Xacobeo Pádel Tour 2025

La Voz

A ESTRADA

01 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A cuarta edición do Xacobeo Pádel Tour contará cunha das súas paradas na Estrada. O circuíto de probas arrincará do 3 ao 13 de xullo en Teo, coa participación prevista de máis de 1.500 de deportistas. A continuación o destino será Ames, para recalar en Noia como terceira sede. No caso estradense, a competición desenvolverase do 25 ao 30 de agosto, para pecharse co máster final en setembro en Ames.