Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

O Festival dous Arrieiriños contará co Mago Teto e terá zona de merenda

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

31 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Estrada estreará mañá domingo o primeiro festival pop-rock infantil de Galicia, bautizado como Festival dous Arrieiriños. A carpa de gran formato da Praza do Concello engalanouse xa este venres con bandeirolas de cores para dar maior ambientación ao espazo. Ademais, desde o departamento de Cultura do Concello anunciáronse novidades para o evento, como a incorporación do Mago Teto e dunha zona de merendas.

O festival arrincará o domingo ás 17.45 horas, co Mago Teto exercendo como mestre de cerimonias. Despois da súa primeira actuación dará paso a Pakolas (18.00 horas) para o primeiro concerto da tarde. Tras el chegará Uxía Lambona (19.00) e, finalmente, Broken Peach (20.00). O mago contará con varias intervencións entre os concertos programados.

Antes de estrear este festival, A Estrada vivirá hoxe sábado un Orballo Cultural, unha aposta incluída no programa de concertos do Xacobeo que traerá á Praza do Concello aO seu Garrido Pombo e o concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, desde as 20.00 horas.