
Por sexto edición consecutiva a Unión Deportiva A Estrada de Fútbol sala organiza no pavillón Coto Ferreiro o seu torneo de verán. Unha cita que se instalou no calendario deportivo do municipio e que reúne durante unha fin de semana a centenares de xogadores de toda Galicia. Esta edición celebrarase o sábado 14 e domingo 15 de xuño.
O presidente do club. José Manuel Calviño, presentou a cita deportiva no consistorio. Lembrou que se empregarán as tres pistas do polideportivo estradense para dar cabida aos 85 equipos de 25 clubs de toda a comunidade que participarán no torneo. Os partidos serán de vinte minutos e inclúen representantes das categorías biberón, prebenjamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e sénior masculino e feminino.
Será o sábado desde as 8.30 ata as 22.15 horas e o domingo rematará algo antes, sobre as 21.30 horas. Todo en función da duración dos partidos. Ademais, entregaranse 1.000 premios directos e haberá servizo de cantina e carpa para comer
O club anfitrión participa con seis equipos.