
18 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.
O día 27 de abril terá lugar unha ruta equina promovida por Cabaleiros de San Xorxe de Vea. A inscrición custa 25 euros e xa se pode formalizar nos teléfonos 627 128 513 e 654 220 083. O programa prevé a saída ás 10.00 desde a chaira da escola de Cereixo, parar a degustar uns petiscos na carballeira de Vos Pereiriños e chega ás 14.00 para a bendición de animais, procesión e comida cun menú a base de empanada, carne ao caldeiro, sobremesa e café, seguido da verbena.