Clientes de máis de 15 concellos próximos fixeron compras na Estrada neste Nadal
A ESTRADA
A Asociación de Comerciantes da Estrada (Acoe) realizou un estudo a pé de rúa para comprobar a procedencia dos compradores durante a pasada campaña do Nadal. Segundo explicou o presidente do colectivo, Alfredo González, o estudo fíxose nunha única xornada de compra e nun día solleiro. No entanto, os resultados da enquisa foron reveladores. Segundo conta González, na Estrada había comprando ese día clientes chegados desde caldas, Valga, Padrón, Cacheiras, Santiago, Vila de Cruzamentos, Lalín, Silleda, Pontevedra, Cuntis, Moraña, Forcarei, Soutelo, Cerdedo e Carballiño, ademais doutros de Madrid, País Vasco, Francia e Suíza que se atopaban no municipio nesas datas. «Por prezo e por bo comercio a xente segue achegándose á Estrada», reflexiona o presidente da Acoe.