Presentan na Estrada o sistema DroneFinder para buscar persoas

La Voz

A Estrada

09 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A UTE formada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Aeromedia e Indra levará a cabo hoxe na Estrada unha xornada de presentación do sistema DroneFinder, desenvolvido para a procura de persoas desaparecidas. O sistema, que foi promovido pola Axencia Galega de Innovación no marco do Polo Aeroespacial de Galicia e que contou con financiamento da Xunta a través de fondos Feder, ten como usuarios finais á Axencia Galega de Emerxencias (Axega), as forzas e corpos de seguridade do estado e as entidades sociosanitarias. A demostración terá lugar ás 12.30 horas no Pazo de Xerlís, en Guimarei (A Estrada).