A Milla San Silvestre recuperará a saída desde a Praza do Concello

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

24 nov 2023 . Actualizado á 05:00 h.

A Estrada celebrará o 31 de decembro unha nova edición da súa Milla San Silvestre, unha carreira lúdica e non competitiva que este ano recuperará a meta na Praza do Concello. A saída será ás 17.00 horas e a recollida de camisetas e dorsais abrirase ás 16.00 horas. Para recollelos haberá que entregar a cambio un quilo de alimentos non perecedoiros que se domarán á Operación Quilo de Cáritas. Volverá haber sorteos e premios aos mellores disfraces. Ese mesmo día, ás 9.30, celebrarase tamén a San Silveira en BTT, con ruta aínda por pechar.