O vento causa desprendementos en edificios da Estrada e Silleda e caídas de árbores en varias vías

La Voz

A Estrada

cedida

21 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O forte vento causou onte desprendementos en edificios da Estrada e Silleda e caídas de árbores en varios viarios da zona.

Na Estrada houbo dúas incidencias na Avenida de Santiago que obrigaron a cortar temporalmente o viario desde o cruzamento con Antón Losada ata a rotonda de acceso á zona deportiva. Do lateral do edificio número 72 desprendéronse varios ferros laterais de fibrocemento. Os bombeiros intentaron acceder para asegurar estrutúraa pero o autobrazo non foi capaz de acadar a zona. No número 74 desprendéronse chapas traslúcidas da terraza dunha construción antiga. Emerxencias intentou contactar cos propietarios para actuar desde o interior.

En Silleda tamén se soltaron chapas nun edificio da rúa Progreso ao que si puideron acceder os bombeiros para asegurar. Ademais, houbo árbores derrubadas en Tabeirós, A Somoza, San Miguel de Castro, Valboa, dous en Piloño, Cira, Soutolongo ou Madriñán.