Prorrogan o servizo de emprego dirixido a persoas con discapacidade

La Voz

A Estrada

miguel souto

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello da Estrada e a Fundación Once-Insere Emprego asinaron en 2018 un convenio para traballar conxuntamente na inclusión laboral e a formación de persoas con discapacidade. Este convenio manterase no 2020, co que no Concello da Estrada continuarase prestando o servizo de orientación, formación e asesoramento para a inserción laboral destas persoas.

A atención préstase todos os martes en horario de mañá, sempre baixo cita previa. Poden beneficiarse todas as persoas con algún tipo de discapacidade, con independencia do seu municipio de residencia. A oficina de atención está situada na planta baixa do consistorio, ao final do corredor a man dereita.

A cita pódese solicitar directamente a través do portal de Insire Emprego ou a través do departamento de Emprego do Concello da Estrada, chamando ao teléfono 986 677 740 ou enviando un correo electrónico a aedlconcelloestrada\gmail.com e indicando datos, grao de discapacidade e deixando un teléfono de contacto.