Xornada solidaria de Irmandinhos A Estrada no Novo Campo

La Voz

A ESTRADA

Cedida

06 ene 2019 . Actualizado á 05:00 h.

A sétima edición da Xornada Benéfica organizada polo club Irmandinhos A Estrada viviuse onte con varios encontros de fútbol gaélico no Novo Campo. Á marxe de gozar do deporte, buscábase recadar alimentos non perecedoiros para entregarllos a Cáritas Parroquial, dentro da súa campaña de Operación Quilo. Para acceder ao campo requiríase depositar polo menos un quilo dalgún produto, aínda que tamén podía ser roupa ou xoguetes. Ademais dos partidos, tanto en categoría masculina como feminina, houbo comida solidaria e durante toda a mañá inchables, cantina e degustación de chocolate, ademais de sorteo de premios.