Solidariedade con Cáritas a golpe de raqueta desde Estrada Pádel

A Estrada

Cedida

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde o 14 ao 21 • A Estrada • As iniciativas solidarias intensifícanse en datas como o Nadal e Estrada Pádel decidiron sumarse este ano promovendo un torneo para colaborar con Cáritas. A inscrición péchase hoxe ás 14.00 horas cun total de oito categorías, con premios para gañadores e subcampións consistentes en cestas e produtos do Nadal, ademais de material deportivo. Os inscritos deberán abonar 18 euros se participan nunha categoría ou 25 se o fan en dúas. Pero tamén deben entregar polo menos un quilo de comida non perecedoira ou un xoguete.

Na presentación deste torneo do Nadal solidario participaron onte o director de Cáritas Parroquial da Estrada, José Manuel Vázquez, xunto á concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, e o xerente de Estrada Pádel, David Cancela. A entidade benéfica recibirá os alimentos e xoguetes recibidos polos inscritos. Na categoría masculina haberá competición en segunda, terceira e cuarta; en mulleres, en segunda e terceira; en mixto, en segunda e terceira; e haberá ademais competición de iniciación.

Desde Cáritas agradeceron á dirección de Estrada Pádel e ao Concello a celebración deste torneo en beneficio das familias máis desfavorecidas nestas festas tan entrañables.