Festa do atletismo na Nocturna Estradense

La Voz

A Estrada

cedida

23 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Nocturna Estradense convértese cada ano no preludio do San Paio e unha festa do atletismo, ademais de ser puntuable para o circuíto Corre A Estrada Corre . Nesta ocasión foron 543 os inscritos entre todas as categorías, con saídas desde as 21.00 para os máis pequenos (na foto os prebenjamines) e ás 23.00 a absoluta, con saída e chegada na rúa Calvo Sotelo.