Taller de teatro e danza o día 11 de outubro no Mome da Estrada

La Voz

DEZA

24 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A sala Mome da Estrada acollerá o día 11 de outubro un taller de teatro e danza, impulsado pola Escola Municipal de Artes Escénicas e o Festival de Danza 6 Coreógrafas. Terá lugar de 11.00 a 12.30 horas e non se require formación. A reserva de praza para asistir pódese realizar no teléfono 986 573 601.