O programa Biblioteca Creativa abre convocatoria con Figueiroa como modelo

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

16 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Xunta de Galicia acaba de abrir a convocatoria do programa Biblioteca Creativa, que pretende apoiar a experimentación, a creación e a investigación nas bibliotecas escolares. Un total de 191 centros galegos —todos eles integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas escolares— están xa adheridos a un programa que agora abre o prazo para solicitar a continuidade e oferta 25 novas incorporacións. Os centros interesados poderán facer as súas solicitudes ata o día 30 de setembro.

As bibliotecas escolares participantes dótanse dun espazo de creación e experimentación para achegar a alumnos e profesores os recursos e materiais adecuados. A través deste espazo estimúlase a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo do pensamento computacional e promóvense a expresión oral, o razoamento lóxico, a aprendizaxe manipulativo, o xogo, a investigación ou o traballo colaborativo. Os 25 centros de nova incorporación seleccionados recibirán 1.000 euros para a dotación dun espazo creativo na biblioteca cos materiais necesarios. Os que continúen, recibirán 500.

A convocatoria foi presentada onte no CEIP Figueiroa pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández. A biblioteca do colexio estradense forma parte do programa desde o curso 2016-2017. A Biblioteca Creativa nun dos eixos transversais no traballo diario do centro, cunha sesión semanal por cada titoría para traballar neste espazo, onde se crearon hologramas ou recursos para a aula.