Cruz Vermella promove un mellor envellecemento na Estrada

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

16 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A delegación estradense de Cruz Roja iniciou onte na Estada unha nova campaña de sensibilización social. Neste caso o que se busca é concienciar a cidadáns, empresas e autoridades locais da importancia de crear unha contorna máis inclusiva e favorable para o envellecemento saudable.

Con esta meta, Cruz Roja instalou este luns unha mesa informativa no centro de saúde da Estrada. Mañá mércores, de 10.00 a 12.00 horas, esa mesa informativa levará ás rúas do centro, aproveitando a xornada de feira local.

Cruz Vermella quere deseñar accións preventivas que axuden a mellorar a calidade de vida actual dos maiores e a atrasar os problemas de autonomía e dependencia. Para iso pretende actualizar o perfil das persoas que están en proceso de envellecemento e implicar tanto ás persoas maiores como aos actores comunitarios na procura de solucións e no desenvolvemento dun marco de envellecemento activo e saudable.