
14 sep 2025 . Actualizado á 10:12 h.
Este domingo ás 12.30 horas o xuvenil masculino do Balonmán Lalín xogará o ascenso á liga Ouro. O Embutidos Lalinenses goza desta oportunidade despois de sumar onte a súa segunda vitoria na fase de ascenso, nesta ocasión contra o OAR (35-19). Como ocorreu contra o Lucense, os de Pachi foron moi superior ao rival, obtendo desde moi cedo unha vantaxe case definitoria. O posto en Ouro disputarao contra o Reconquista, que gañou os seus dous duelos.