O artesán que converteu os zocos en pezas únicas e no seu medio de vida

Javier Benito
j. benito LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

O zoqueiro de Merza viña dunha estirpe familiar que agora sigue a súa filla Elena

21 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

«Os traballos hai que facelos sempre con moito cariño». Nesa frase podemos resumir o pensamento do artesán de Merza, Alfonso Ferro Iglesias. Foron declaracións feitas en 2011, cando A Carballeira de Cercio entregoulle un dos seus premios. Era un dos últimos zoqueiros na zona. Unha tradición, a de facer zocos, que pasou na súa familia de xeración en xeración e que agora está nas mans da súa filla Elena.

Alfonso pasou toda a vida entre cuñas de madeira e coiro. O seu pai xa era zoqueiro e, naqueles tempos de emigración a País Vasco ou Francia, decidiu quedar na súa terra e loitar polo oficio. Aseguraba na aquela entrevista que sempre hai que inventar novos produtos e actualizarse. Nas peles, nas cores, nos tacóns dos zocos, abertos ou pechados,... pero tamén co engadido de cinturóns, pulseiras, colares,... Unha constante innovación a que deu máis pulo aínda Elena.

Recoñecía que é un traballo de moitas horas ao día, no que hai que loitar por superarse sempre. Tamén quixo difundir o seu oficio, con exhibicións por exemplo en colexios. A pesares da súa xubilación ía ao taller a miúdo. Onte falecía aos 89 anos. Desde o velorio de Silleda saíra hoxe ás 20.45, co posterior funeral na igrexa de Santa María de Merza e enterro no cemiterio parroquial.