Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Crespo ve grandes reticencias de PSOE e BNG para realizar o debate

La Voz

DEZA

30 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O alcalde de Lalín ve «reticencias grandes por parte do PSOE e do Bloque» para realizar o debate do estado do Concello e lembra que «eu aprobei a moción para levalo adiante» e que Cuíña, de CxL si quere. Explica que «falando en prata, vexo que o PSOE e o BNG non quere que se faga o debate». Cre que «temos millo no hórreo para facelo» e aínda que recoñece que quedan cousas por facer «tamén fixemos outras moitas e quero por amais da mesa o que se fixo e o que non e porque non se fixo». Cre que «debería ser unha magnífica oportunidade para a oposición que sería quen debía piar para que se fixera e aquí é xusto ao revés. A oposición pediuno, eu aceptei e agora é a oposición quen di non». Crespo di que se copiaría máis ou menos o dos de autonomía e o Estado e gustaríalle que chegase a ter a súa propia regulación.