Luz verde de Urbanismo á ordenación da zona verde na praia de Cerdedo

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

07 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Dirección Xeral de Urbanismo acaba de dar o visto e prace ao plan especial de infraestruturas e dotacións para ordenar a zona verde da praia fluvial de Cerdedo. O Concello quere converter ese espazo nunha grande infraestrutura verde, deportiva, fluvial e cultural, aínda que como paso previo debe modificarse a súa categoría de uso, agora maioritariamente chan rústico.

O plan especial debe ir agora a aprobación do pleno, paso previo para activar o proceso de expropiacións dos terreos afectados. O investimento previsto rolda os dous millóns de euros, con dotacións como estación de autocaravanas, área fluvial, cafetería ou pista deportiva.