Aprazada a charla de Calros Solla sobre mitoloxía en Sabucedo

La Voz

DEZA

18 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Asociación Rapa dás Bestas anunciaba onte que se tivo que aprazar a charla e coloquio en Sabucedo prevista este domingo co escritor e divulgador Calros Solla. Ía abordar distintos temas vinculados á mitoloxía en Terra de montes, así como de patrimonio e historia.