16 abr 2025 . Actualizado á 19:31 h.
A pasada fin de semana celebrouse en Vigo a xornada Sur da liga de deporte basee, na que houbo representación comarcal coa presenza do club A Cambadela da Estrada. Na cita participaron oito equipos da provincia con máis de 200 nenos e nenas. O conxunto estradense conseguiu rematar en sexta posición con 80 puntos.