03 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.
A Semana dás Artes Galegas, organizada polo Conservatorio Profesional da Estrada, despedirase hoxe cun concerto-exposición na Casa dás Letras. Será a partir das 19.00 horas. Alumnos do conservatorio actuarán na sala de exposicións, na que se exhibe unha colección de cadros de recunchos e estampas locais do pintor estradense Toño Valle. Onte, os alumnos presentaron unha mostra sobre os carteis de cego de Isaac Díaz Pardo.