Os Hispanos coñeceron o Lalín Area

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

miguel souto

Primeira sesión de adestramentos con presenza de afeccionados nas bancadas

07 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A selección española completou onte a súa primeira sesión de adestramentos para preparar o encontro deste mércores en Lalín contra Serbia. O conxunto adestrado por Jordi Ribeira tivo a súa primeira toma de contacto co Area e coa afección lalinense, que pola tarde poboou as bancadas do pavillón na sesión de portas abertas que programou o combinado español. O cangués Rodrigo Corrales , único galego na convocatoria, foi sin duda xogador máis aclamado polo público. Hoxe continuarán os adestramentos nunha dobre sesión previa á ida do clasificatorio para o Campionato do Mundo. Xogarase o mércores a partir das 21.00 horas.