Arrinca o Campionato de España con triunfo de Miguens

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

Miguel souto

04 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A Estrada respira bádminton polos catro costados. Onte durante todo o día o Coto Ferreiro estivo tomado polas plumas e as raquetas brandidas por máis de 300 deportistas no Campionato de España sénior. A estradense Raquel Miguens iniciou con bo pé a súa andaina gañando no dobres mixto xunto a Adrián Márquez por 21-8 e 21-5 á parella formada por Juan Val e Beatriz Simancas. Pola súa banda, Alejandro Penas foi eliminado en individual e dobres.