Soutelo acolle mañá o seu Festival de Música Tradicional

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

03 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O auditorio de Soutelo de Montes acollerá mañá sábado a novena edición do Festival de Música Tradicional Forcarei. A edición deste ano estará dedicada ao gaiteiro Avelino Cachafeiro, coincidindo co centenario do seu nomeamento como mellor gaiteiro de Galicia en 1924.

O festival arrincará ás 19.00 horas. Actuarán o grupo de pandereteiras Lus de Keikoa (Forcarei), o grupo de gaitas Alégresvos (Pontevedra), a gaiteira Nadia Vázquez (A Guarda), o dúo Bellón Maceiras (Fene) e a Banda de Gaitas do Concello de Forcarei.

O espectáculo estará presentado polo músico e investigador Rubén Troitiño. A entrada será libre ata completar a capacidade. A organización corre a cargo da Banda de Gaitas, coa colaboración do Concello de Forcarei e o apoio da Deputación.