Contacontos e presentación literaria en Vista Alegre

La Voz

DEZA

25 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O centro cultural Vista Alegre da Bandeira acollerá este venres, ás 20.00 horas, unha sesión de contacontos infantil coa actriz Antela Cid. Ademais, presentará o seu primeiro libro, A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas, publicado por Fervenza e con ilustracións de Anabel Montouto. Unha obra onde se aborda a importancia da reciclaxe e o coidado ao medio ambiente.