O Estradense pide a axuda da afección para acompañar ao equipo o sábado contra o Rápido

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

Cedida

24 abr 2024 . Actualizado ás 08:57 h.

O Estradense afronta unha semana fundamental para obter a permanencia na Terceira División. En apenas sete días xogarán tres partidos, o primeiro deles fronte ao Rápido de Bouzas este sábado ás 19.00 horas no Municipal. Desde o club animan aos afeccionados a acudir ao campo a animar aos rojillos, necesitados dunha vitoria que corte en seco un refacho de tres derrotas consecutivas. Para axudar a encher o estadio, cada socio disporá de dúas invitacións coas que poderá levar a quen o desexe a apoiar aos rojillos.

A idea é facer do Municipal unha caldeira que leve polo aire aos seus en tres citas clave. Tras o equipo de Bouzas, o Estradense xogará o 1 de maio, festivo, contra o Celta C-Gran Pena a domicilio. Mentres que o domingo da semana que vén recibirán en casa ao Arzúa, xa descendido.