O Estradense métese nunha lea para a recta final de liga tras caer contra o Viveiro

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

XAIME RAMALLAL

22 abr 2024 . Actualizado ás 18:33 h.

A derrota do Estradense contra o Viveiro complicou as últimas xornadas para os rojillos. O 2-0 co que rematou a contenda en Cantarrana, así como os resultados dos equipos de abaixo, apertaron de novo a pelexa pola permanencia. Así, o Estradense está a tan só tres puntos do Betanzos, que marca o punto de non retorno.

A xornada foi nefasta para os rojillos, posto que puntuaron todos os de abaixo salvo o Rápido de Bouzas e os xa descendidos. Este último tropezóns é o terceiro consecutivo para os homes de David Páez, que parecían ter sacado a cabeza do pozo e mostraban o seu mellor fútbol. Mesmo estaban a tiro de pedra da fase de ascenso.

Con todo, agora toca de novo remangarse e manter esta distancia nos catro partidos que quedan. O primeiro será en casa contra un Rápido tocado. Despois visitarán ao Gran Pena, para rematar en casa contra o Arzúa —descendido— e a tempada fronte ao Barbadás, tamén metido na pelexa.