O CD Lalín apura as súas opcións de ascenso en Ribeira

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

CARMELA QUEIJEIRO

21 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O CD Lalín apura as súas últimas opcións de lograr o ascenso a Terceira. O conxunto adestrado por Toño González está a seis puntos do Boiro con quince en xogo e disputa esta tarde un duelo de alta voltaxe contra o Cidade de Ribeira (17.30 horas). O empate ante o As Pontes, aínda que agridoce, permitiu recortar un punto fronte aos barbanceses.

Ao termo desta xornada quedarán doce puntos en disputa, polo que o Lalín podería chegar ao tramo final con moitas posibilidades de remontada se suma hoxe de tres. O Boiro xogará en Mugardos, pero tamén haberá que estar atentos ao que faga o San Tirso en Miño e o Sigüeiro fronte ao Eume.