O UPI Informática Lalín remata cuarto a «final four»

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

16 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O UPI Informática Balonmán Lalín rematou en cuarto lugar a final a catro disputada esta fin de semana no Area. Os pupilos de Pachi caeron no partido polo terceiro e cuarto posto fronte ao Abegondo por 30-37. O sábado non conseguiron acceder á final ao de sufrir unha derrota a mans do Carballal.