O Estradense sofre ante o Somozas a súa peor derrota desde outubro

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

UD Somozas

09 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Despois de dúas vitorias seguidas e tres partidos sen coñecer a derrota, o Estradense mordeu o po ante o Somozas. O 3-0 co que rematou o marcador supón o peor resultado dos rojillos desde outubro, cando tamén perderon por esta diferenza contra o Sarriá no Municipal. Ambos son os resultados máis avultados en contra do Estradense esta campaña.

A derrota ante o Somozas deixa ao equipo adestrado por David Páez na décima posición, a cinco do descenso e a seis da fase de ascenso. Aínda que a distancia respecto ao play off mantívose intacta, recortouse nun punto fronte ao descenso, que agora ten ao Paiosaco como posuidor da praza de corte. Con 18 puntos en xogo, o Estradense xa deixou atrás ao pechacancelas, o Arzúa, e practicamente ao penúltimo, o Pontevedra B, de quen se distancian en 16 puntos.

Cun posto de relegación por decidir, os rojillos xa teñen a vista posta no partido do sábado fronte ao Atlético Arteixo, que ademais coincide coa celebración da Gala Anual do club.